Parque Nacional Sonfjället
Aparencia
O Parque nacional Sonfjället atópase no oeste de Suecia, na rexión de Jämtlands Län.
Características[editar | editar a fonte]
O hábitat predominante é a Taiga e a Tundra. O parque foi creado en 1909 e protexe unha superficie de 10.440 hectáreas.
Vexetación e fauna[editar | editar a fonte]
O parque é un macizo montañoso rodeado por bosques de coníferas, tanto de abetos coma de piñeiros. Tamén hai bidueiros pubescents (subespecie tortuosa) ou liques, coma o cetraria nivalis, cetraria islandica e a cladonia rangiferina. Sanfjället é famoso por ser un dos lugares en Europa onde a observación de osos pardos salvaxes é máis sínxela. Mais tamén están presentes o alce, o lince común e ocasionalmente o glutón. As aves son numerosas, salientando o Buteo lagopus, a escribenta nival ou a Lagopus muta.